IV XERMADE EN FOTOS · TEMA DO CONCURSO O INVERNO EN XERMADE

Concurso acabado
Número total de votos emitidos para o concurso "IV Xermade en Fotos" : 2435

ESQUECICHES OS TEUS DATOS?

BASES IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL“#xermadeenfotos”, O INVERNO

(do 23 de xaneiro ao 20 de marzo)

Convocatoria e requisitos de participación:

  1. A Concellería de Xuventude e Educación do Concello de Xermade convoca un concurso de fotografía dixital co obxectivo de dar a coñecer os atractivos do municipio.
  1. O concurso de fotografía dixital “#xermadeenfotos” está aberto a todas as persoas de calquera nacionalidade, afeccionadas ou profesionais da fotografía, maiores de idade, que acepten e cumpran as bases desta convocatoria.
  1. As imaxes presentadas deben estar tomadas dentro do límite municipal do Concello de Xermade. Porén as persoas participantes deberán proporcionar a localización das fotografías, sendo necesario ademais que o entorno sexa facilmente identificable.
  1. Cada persoa participante poderá presentar ao concurso un máximo de 4 fotografías, que teñan como referencia o Concello de Xermade, por exemplo:    

- Fotografías que amosen os recursos patrimoniais do municipio (naturais e paisaxísticos, industriais, arquitectónicos, etnográficos, arqueolóxicos, gastronómicos, relixiosos, culturais, etc.) dun xeito atractivo e con gran calidade técnica e artística.

As fotografías deben de ser actuais e desta época do ao, INVERNO.

  1. As fotografías, en B/N ou a cor, poden ser tomadas mediante calquera dispositivo (smartphone, cámara dixital, tablet…), e reunirán os seguintes requisitos:
  • As fotografías deben enviarse como arquivos de formato JPEG
  • As fotografías deberán ter un ancho mínimo de 1024 ppp
  • Cada un dos arquivos ocupará un máximo de 2 MB
  • Admitiranse retoques con programas de tratamento de imaxe
  • Cada unha das imaxes deberá ter un título e, a maiores, indicarase a localización na descrición, valorándose positivamente a inclusión dunha breve explicación da instantánea tamaño Tweet (máximo 140 caracteres)
  • O material non poderá levar logo nin anagrama do autor
  1. As imaxes deberán ser  inéditas  e que non foran seleccionadas ou premiadas en calquera outro certame ou concurso. Do mesmo xeito, aquelas imaxes nas que se retraten menores de idade que os fagan identificables, o autor/a da fotografía deberá demostrar por escrito que conta co consentimento expreso dos pais ou titores.
  1. O Concello de Xermade resérvase o dereito a eliminar do concurso aquelas fotografías que non cumpran cos seguintes requisitos:
  • Non se admitirán fotografías que poidan ferir a sensibilidade das persoas, nin que sexan contrarias á Lei, á moral ou ao orde público, á honra, intimidade ou contra os dereitos da infancia.
  • Fotografías que permitan identificar a menores de idade sen autorización dos pais ou titores.
  • Imaxes que induzan, inclúan ou teñan relación directa o indirecta con calquera tipo de violencia.
  • Calquera imaxe cuxo contido poida considerarse ofensivo.
  • Aquelas fotografías que fagan publicidade de marcas de negocio.
  1. A falta de veracidade, a incorrección nos datos proporcionados polas persoas participantes, falta de autoría ou orixinalidade, a xuízo do xurado, permitirá á organización excluír ao/a participante en calquera fase na que se atope o concurso, incluíndo a fase na que se houbera designado como gañador dalgunha das categorías de “#xermadeenfotos”.
  1. O Concello de Xermade resérvase o dereito de publicar e/ou expoñer todas as fotografías ou unha selección das presentadas ao concurso. Poderanse consultar as imaxes en www.xermadeenfotos.org no apartado dedicado ao concurso, así como no álbum de fotografías no Facebook do Concello de Xermade.
  2. Enténdese que as persoas participantes autorizan sen limitación de sistemas, medios, nin países, a reprodución das súas obras sen aboamento de dereitos. Conceden polo tanto o Dereito de Uso ao Concello de Xermade para o uso das súas imaxes co fin de promocionar o municipio, podendo reproducir as imaxes en distintos soportes: cartelería, folletos, páxinas web e RRSS do Concello de Xermade.
  1. Os/as concursantes responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos de imaxe. O feito de participar no concurso supón a aceptación total destas bases. A resolución que deba adoptarse por calquera incidencia non prevista nas bases corresponderá ao xurado, que resolverá con mellor criterio, ou ao Concello de Xermade, en caso de producirse a incidencia despois do fallo do xurado.
  1. Infórmase ás persoas participantes que os datos persoais recollidos serán incorporados ás bases de datos do Concello de Xermade, responsable do ficheiro, e serán tratados coa finalidade de atender a solicitude formulada.

Métodos e prazos de presentación

  1. As fotografías presentaranse da seguinte forma: Subindo directamente as fotografías ao apartado do concurso na web xermadeenfotos.org  respectando os requisitos indicados no punto 5.
  2. O prazo de presentación e votación pública das fotografías será ata o 21 de marzo. Estas bases publicaranse na páxina web,   na sede electrónica e no facebook do Concello de Xermade.

Votacións e persoas premiadas

O Concello de Xermade entregará: 1º, 2º e 3º premio,  e “premio especial” do público

  • Premios do xurado: Escolleranse 3 fotografías entre todas as participantes e serán 1º, 2º e 3º premio . Estará formado por persoas que representen aos seguintes colectivos: representantes do concello, de asociacións sen ánimo de lucro de Xermade e  serán asesorados por algún ou algunha profesional da fotografía.

 

O 1º premio consistirá nunha comida/cea valorada en 150€.

O 2º premio consistirá nunha ruta en Buggy para 2 persoas durante 1 hora, valorada en 60€.

O 3º premio consistirá nunha cesta con produtos da zona, valorada en 40 €

  • O premio especial do Público: as 2 fotografías que teñan máis “gústame” no Facebook do Concello de Xermade e “votos” obtidos na web www.xermadeenfotos.org.

O premio especial do público consistirá nunha cesta con produtos da zona,  valorada en, 40€, para cadansúa fotografía.

O prazo para as votacións dos premios do público será o mesmo que para a presentación das fotografías.

  1. Ningunha persoa poderá recibir máis dun premio.
  2. As persoas premiadas deberán entregar ao Concello de Xermade as imaxes orixinais e un formulario no que se declare a autoría da fotografía.
  3. Ás persoas gañadoras comunicaráselles por e-mail o premio acadado e as indicacións oportunas. No caso de non recibir resposta en 5 días naturais a partir da comunicación vía email, o premio pasará á seguinte persoa escollida (público ou xurado) e así sucesivamente ata atopar un gañador/a.

 

Xermade, 22 de xaneiro de 2018